A
empresa ourensá Viewnet recibe este xoves 14 de maio a visita dunha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que
atenderá a todas as persoas que desexen doar das 09:30 ás 14:30
horas. A unidade móbil estará estacionada no recinto da empresa que
xa ten acollido 19 visitas da Axencia, acadando un total de 350
doazóns de sangue.
A
Axencia quere convidar a todos os traballadores e traballadoras de
Viewnet a que doen sangue, así como agradecer á dirección da
empresa a súa colaboración na organización de campañas de doazón
de sangue, un xesto imprescindible para o axeitado desenvolvemento do
labor asistencial dos nosos hospitais.