CONSERVAS FRISCOS ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará as instalacións da empresa Conservas Friscos S.A, de Catoira ao longo do xoves 14 de maio. As persoas que desexen doar poderán achegarse ata a unidade móbil que estará estacionada fronte ao comedor de persoal das 10:00 ás 14:00 horas.

Conservas Friscos S.A. ten unha longa traxectoria de colaboración coa ADOS a prol das campañas de doazón de sangue. Unha vez ao ano, desde 1997, unha unidade móbil da Axencia desprazase ata a factoría pontevedresa que acumula xa un total de 544 doazóns de sangue. Neste sentido, a ADOS agradece a todos os traballadores e traballadoras a súa colaboración e á dirección de Conservas Friscos S.A. a súa implicación no fomento do solidario xesto da doazón de sangue.




Comparte vida, únete a nós.