UNHA UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN ESTARÁ NO DÍA DA CIENCIA NA RÚA DA CORUÑA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará presente nunha nova edición do Día da Ciencia na Rúa que ten lugar na cidade da Coruña. Nesta ocasión, a iniciativa desenvolverase o sábado 9 de maio nos xardíns de Méndez Núñez e posibilitarase que todas as persoas que desexen doar sangue podan facelo na unidade móbil da Axencia que estará estacionada na zona do Cantón-Obelisco diante do Banco Sabadell en horario das 10:00 ás 15:00 horas.

Ademais, ao carón da unidade móbil instalarase unha mesa informativa na que será posible resolver dúbidas sobre a doazón de sangue pero tamén sobre doazón de órganos e medula ósea.



Comparte vida, únete a nós.