A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará presente nunha
nova edición do Día da Ciencia na Rúa que ten lugar na cidade da
Coruña. Nesta ocasión, a iniciativa desenvolverase o sábado 9 de maio nos xardíns de
Méndez Núñez e posibilitarase que todas as persoas que desexen
doar sangue podan facelo na unidade móbil da Axencia que estará
estacionada na zona do Cantón-Obelisco diante do Banco Sabadell en
horario das 10:00 ás 15:00 horas.
Ademais,
ao carón da unidade móbil instalarase unha mesa informativa na que
será posible resolver dúbidas sobre a doazón de sangue pero tamén
sobre doazón de órganos e medula ósea.