Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
desprazarase este mércores 29 de abril ata as inmediacións da
Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, dentro da
campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” que
está desenvolvendo a ADOS. Esta visita pecha a segunda fase da
campaña de doazón de sangue en centros docentes universitarios
correspondente ao presente curso académico. A unidade móbil da
Axencia estará estacionada na rotonda da Facultade de Socioloxía
das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21.00 horas. Ademais, na entrada
da facultade de Socioloxía instalarase unha marquesiña de bus con
paneis que recollen información básica sobre o solidario xesto da
doazón de sangue.