O CAMPUS DE ELVIÑA PECHA A SEGUNDA FASE DA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este mércores 29 de abril ata as inmediacións da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, dentro da campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” que está desenvolvendo a ADOS. Esta visita pecha a segunda fase da campaña de doazón de sangue en centros docentes universitarios correspondente ao presente curso académico. A unidade móbil da Axencia estará estacionada na rotonda da Facultade de Socioloxía das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21.00 horas. Ademais, na entrada da facultade de Socioloxía instalarase unha marquesiña de bus con paneis que recollen información básica sobre o solidario xesto da doazón de sangue.




Comparte vida, únete a nós.