A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PROMOVE A PARTICIPACIÓN DOS PROFESIONAIS DO INSS NA CORUÑA

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará este luns 13 de abril estacionada ao carón do edificio do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) na Coruña en horario das 09:30 ás 14:30 horas para atender a todas as persoas que desexen doar sangue. A ADOS comezou a desprazarse ata o INSS na Coruña desde o ano 2003, recollendo un total de 723 doazóns de sangue no transcurso destas visitas.

Comparte vida, únete a nós.