Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
estará
este luns 13 de abril estacionada ao carón do edificio do Instituto
Nacional da Seguridade Social (INSS) na Coruña en horario das 09:30
ás 14:30 horas para atender a todas as persoas que desexen doar
sangue. A ADOS comezou a desprazarse ata o INSS na Coruña desde o
ano 2003, recollendo un total de 723 doazóns de sangue no transcurso
destas visitas.