O
campus de Lugo acollerá este xoves 26 de marzo a campaña “Non
perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada
diante da explanada da Facultade de Administración e Dirección de
Empresas en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.
Ao carón da unidade móbil, no transcurso desta xornada, instalarase
unha escenografía consistente nunha carpa de DJ como xeito lúdico
de dar a coñecer a campaña na que se sortearán abonos para asistir
ao Son do Camiño do vindeiro mes de xuño.