Profesionais
da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán o mércores 11 de
marzo na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de
Compostela atendendo unha mesa informativa sobre a doazón de medula
ósea. Estudantes e docentes podrán achegarse para coñecer e
resolver dúbidas sobre a doazón de medula ósea para o que a
Axencia é centro de referencia para a tipaxe destes doantes.
Esta
iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS
desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros
educativos de toda Galicia.
Así
mesmo, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante das
Facultades de Bioloxía e Matemáticas de Santiago de Compostela os
días 10, 11 e 12 de marzo en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30
ás 21:00 horas para recoller a solidariedade de todos os estudantes
universitarios que desexen doar sangue.