A FACULTADE DE BIOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE UNHA MESA INFORMATIVA SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA

Profesionais da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán o mércores 11 de marzo na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela atendendo unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e docentes podrán achegarse para coñecer e resolver dúbidas sobre a doazón de medula ósea para o que a Axencia é centro de referencia para a tipaxe destes doantes.

Esta iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros educativos de toda Galicia.

Así mesmo, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante das Facultades de Bioloxía e Matemáticas de Santiago de Compostela os días 10, 11 e 12 de marzo en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para recoller a solidariedade de todos os estudantes universitarios que desexen doar sangue. 


Comparte vida, únete a nós.