O
centro comercial Travesía de Vigo recibirá o venres 27 de febreiro
unha nova visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS), co obxectivo de promover a participación
dos traballadores e traballadores e usuarios e usuarias da superficie
comercial. Será posible doar sangue no local de planta baixa, ao
carón do local de Liliana Nails das 10:00 ás 14:30 e das 15:30 ás
21.00 horas.
O
Centro Comercial Travesía de Vigo comezou a acoller as visitas das
unidades móbiles da Axencia desde o ano 2021. Nestes anos de
colaboración se teñen recollido un total de 710 doazóns de sangue.
A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere convidar á cidadanía
viguesa a que participen activamente doando sangue e quere amosar o
seu agradecemento á xerencia do Centro Comercial Travesía de Vigo
polo seu apoio ás iniciativas destinadas a promover unha conciencia
solidaria favorable ao solidario xesto da doazón de sangue.