O CENTRO COMERCIAL TRAVESÍA DE VIGO ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

O centro comercial Travesía de Vigo recibirá o venres 27 de febreiro unha nova visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), co obxectivo de promover a participación dos traballadores e traballadores e usuarios e usuarias da superficie comercial. Será posible doar sangue no local de planta baixa, ao carón do local de Liliana Nails das 10:00 ás 14:30 e das 15:30 ás 21.00 horas.


O Centro Comercial Travesía de Vigo comezou a acoller as visitas das unidades móbiles da Axencia desde o ano 2021. Nestes anos de colaboración se teñen recollido un total de 710 doazóns de sangue.


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere convidar á cidadanía viguesa a que participen activamente doando sangue e quere amosar o seu agradecemento á xerencia do Centro Comercial Travesía de Vigo polo seu apoio ás iniciativas destinadas a promover unha conciencia solidaria favorable ao solidario xesto da doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.