CONCELLO, SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACOLLEN A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DA ADOS

Os traballadores e traballadoras do Concello, Subdelegación do Goberno e Deputación de Pontevedra poderán doar sangue o mércores 25 de febreiro na campaña de doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). A unidade móbil estará estacionada na Praza de España das 09:30 ás 14:30 horas para recibir a todas as persoas que desexen participar.


A ADOS comezou a desenvolver campañas de doazón para favorecer a participación dos profesionais do Concello, Subdelegación do Goberno e Deputación de Pontevedra desde o ano 1995 e ten acadado, nestas tres décadas, un total de 1.157 doazóns de sangue.


ADOS quere agradecer a todos os traballadores e traballadoras a súa colaboración nas campañas de doazón de sangue e apelar a súa solidariedade para participen nesta nova oportunidade.



Comparte vida, únete a nós.