A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da
presente xornada nas instalacións da empresa Bolton Food S.L. no
Grove para incentivar a participación nas campañas de doazón de
sangue de todos os profesionais que desexen colaborar.
As
persoas que queiran participar activamente, poderán acudir ata a
unidade móbil da ADOS que estará estacionada diante da empresa das
10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas.
A
ADOS ten visitado en 23 ocasións, desde o ano 2000, as instalacións
de Bolton Food S.L., acadando un total de 1.165 doazóns de sangue,
converténdose nunha referencia indispensable no eido da
solidariedades vencellada a este xesto altruista.
Neste
sentido, desde a Axencia agradece á xerencia de Bolton Food S.L. a
súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de
doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todas
as persoas que doan sangue.