A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PROMOVE A DOAZÓN DE SANGUE NA EMPRESA BOLTON FOOD S.L.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da presente xornada nas instalacións da empresa Bolton Food S.L. no Grove para incentivar a participación nas campañas de doazón de sangue de todos os profesionais que desexen colaborar.


As persoas que queiran participar activamente, poderán acudir ata a unidade móbil da ADOS que estará estacionada diante da empresa das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas.


A ADOS ten visitado en 23 ocasións, desde o ano 2000, as instalacións de Bolton Food S.L., acadando un total de 1.165 doazóns de sangue, converténdose nunha referencia indispensable no eido da solidariedades vencellada a este xesto altruista.


Neste sentido, desde a Axencia agradece á xerencia de Bolton Food S.L. a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todas as persoas que doan sangue.



Comparte vida, únete a nós.