ÁREA CENTRAL RECIBE A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

​O Centro Comercial santiagués Área Central recibe este xoves 26 de novembro a visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que estará estacionada diante da cabina de información das 09:30 ás 14:30 e das 15.30 ás 21:00 horas.

Desde o ano 1993, a superficie comercial acolle as campañas de doazón de sangue da Axencia e acumula 16.060 doazóns de sangue. ADOs convida a todos os usuarios e usuarias, así como aos traballadores e traballadoras a que doen sangue ao longo da xornada.



Comparte vida, únete a nós.