Este martes, 24 de novembro, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), estará estacionada diante do Edificio de Facultades do campus universitario de Ourense, para atender a todas as persoas que desexen doar sangue, entre as 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Esta visita forma parte da campaña de doazón "Un alento de vida" que está percorrendo os centros educativos universitarios e non universitarios galegos para incentivar o solidario xesto da doazón de sangue.
Ademáis, a Axencia instalará no Edificio de Facultades unha mesa para informar sobre outro tipo de doazón: a de medula ósea. Todos os membros da comunidade universitaria poderán achegarse esta mañá para recoller información ou solventar dúbidas sobre este xeito de doazón.