OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE ANKWEL PODERÁN DOAR SANGUE NA PRESENTE XORNADA

​Ao longo da xornada do luns 23 de novembro, os traballadores e traballadoras de Akwel poderán acudir a doar ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que estará estacionada dentro do recinto da empresa, das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

A Axencia quere agradecer á dirección de Akwel a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que acolle desde o ano 2004 e que ten acumulado un total de 872 doazóns ao longo destas máis de dúas décadas.

Comparte vida, únete a nós.