OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE SNOP ESTAMPACIÓN PODERÁN PARTICIPAR HOXE NUNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da xornada de hoxe, luns 9 de novembro, na empresa viguesa Snop Estampación. Os profesionais que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil da ADOS que estará estacionada dentro da empresa en horario de 09:30 ás 14:30 e de 15:45 ás 18:00 horas. As unidades móbiles da ADOS comezaron a visitar as instalacións de Snop Estampación no ano 2022, acadando, ata hoxe, un total de 210 doazóns de sangue.

Comparte vida, únete a nós.