Os membros da comunidade universitaria poderán acudir hoxe e mañá, mércores 4 e xoves 5 de novembro, ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará estacionada no aparcadoiro da Facultade de Informática da Coruña, en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Esta visita forma parte da campaña de doazón "Un alento de vida", que está a desenvolver a Axencia para convidar aos universitarios e universitarias galegos a doar sangue e, deste xeito, renovar a actual base de doantes de Galicia.