O CAMPUS DE LUGO SÚMASE Á CAMPAÑA DE DOAZÓN "UN ALENTO DE VIDA"

​A campaña de doazón de sangue "Un alento de vida", que promove a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chega hoxe, martes 3 novembro, ata o campus de Lugo. A unidade móbil da Axencia, estacionada no aparcadoiro diante dos aularios da Facultade de Veterinara, atenderá a todas as persoas que desexen doar sangue das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

Ademais, a ADOS instalará unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea nas inmediacións da Facultade de Veterinaria para que resolver dúbidas sobre este xeito de doazón.

Comparte vida, únete a nós.