A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará, este
xoves 29 de outubro,
nas instalacións da empresa Naturgy da Coruña para incentivar a
participación nas campañas de doazón de sangue de todos os
profesionais que desexen colaborar.
As
persoas que queiran participar activamente, poderán acudir ata a
unidade móbil da ADOS que estará estacionada diante dos servizos
médicos das 09:30 ás 14:30 horas.
A
Axencia quere agradecer a todos os traballadores e traballadoras a
súa participación e convidarlles a que continúen a incrementar ás
1.056 doazóns que se teñen rexistrado no transcurso das 40 visitas
realizadas pola ADOS ata Naturgy da Coruña desde o ano 1994.