A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver
hoxe, mércores 21 de outubro, unha nova campaña de doazón nas
instalacións da Empresa Nacional de Celulosas (ENCE), entidade
comprometida coas iniciativas destinadas a promover a doazón.
Ao
longo da presente xornada, os traballadores e traballadoras de ENCE
terán unha nova oportunidade de doar sangue na unidade móbil que
estará estacionada tras do comedor da fábrica das 09:30 ás
14:30 horas.
ADOS
ten visitado as instalacións da Empresa Nacional de Celulosas desde
o ano 2014, acadando un total de 535 doazóns no transcurso destas
campañas.