O CAMPUS DE OURENSE RECIBE A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE "UN ALENTO DE VIDA"

​ A campaña “Un alento de vida” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chega hoxe, martes 20 de outubro, ata o campus de Ourense. Unha unidade móbil da Axencia, estacionada diante do Edificio de Ferro, facilitará a doazón a todos os membros da comunidade universitaria que se acheguen a participar entre ás 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Ademais, tamén instalarase unha montaxe cunha gota de sangue xigante que forma parte da campaña “Un alento de vida” que a ADOS está desenvolvendo neste inicio de curso nos sete campus das Universidades galegas.

Comparte vida, únete a nós.