A
Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolle
este luns 19 de outubro unha mesa informativa sobre a doazón de
medula ósea. Así mesmo, as persoas que desexen doar sangue poderán
acudir ata a unidade móbil que estará estacionada na entrada
principal da Facultade das 09:30 ás 14:30 horas. Este desprazamento
é unha das iniciativas comprendidas dentro do Outubro Saudable que
promoven a UDC Saudable e a REUS (Red Española de Universidades
Saudables) e que ten como obxectivo acadar, no transcurso do mes de
outubro, 10.000 doazóns de sangue e 1.000 inscritos como doantes de
medula ósea en centros univertsitarios de toda España.