A
Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) participará mañá, venres 16
de outubro,
nunha nova edición do VI
Paseo Pola Saúde que terá lugar na Valenzá (Barbadás). ADOS
desprazará unha unidade móbil que estará estacionada na Avenida de
Celanova, das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas e instalará
unha mesa na que será posible recoller información sobre as doazóns
de sangue, órganos e medula ósea.
ADOS
quere agradecer ao concello de Barbadás a súa invitación para
tomar parte nesta iniciativa, na que teñen presencia unha vintena de
asociacións e organizacións, xa que as campañas de fomento de
hábitos de vida saudable tamén contribúen a sensibilizar á
cidadanía sobre a importancia do solidario xesto da doazón para
posibilitar o axeitado desenvolvemento do intenso labor asistencial
dos centros sanitarios galegos.