Control de calidade e confirmación

A Unidade de Control de Calidade e Confirmación realiza en ADOS unha dobre función. Por unha banda, é a encargada de controlar que os componentes sanguíneos que se distribuen aos hospitais galegos estén dentro dos parámetros de calidade seguindo o establecido nas directrices europeas e nacionais. Este control garantiza a homoxenización dos componentes que se transfunden en Galicia.

Os requisitos mínimos de calidade do sangue e dos compoñentes sanguíneos están definidos polo Real Decreto 1088/ 2005, do 16 de setembro, pola European Directorate for the quality of medicines and healthcare (EDQM) na Guide to the preparation, use and quality assurance of blood components, 20th Edition, 2020, e nos Estándares de acreditación en Transfusión Sanguínea. Comité de Acreditación en Transfusión (CAT).

Realízase o control de Concentrado de hematíes procedentes de doazón de aférese e de sangue total, o control das unidades de plaquetas xa sexa procedentes de aféreses ou de plaquetas recuperadas de doazón convencional. Realízase tamén o control de calidade do plasma, ben sexa o obtido con fins de transfusión ou para fabricación de hemoderivados. Ademais ADOS trimestralmente informa os centros receptores dos compoñentes dos parámetros obtidos.

Ademais, a Unidade de Control de Calidade e Confirmación, supervisa as condicións de conservación dos propios compoñentes sanguíneos, dos reactivos empregados, así coma de diferentes áreas e equipos de traballo, controlando, monitorizando e rexistrando diversos parámetros en puntos de medida da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Por outra banda, realiza técnicas de confirmación de a todas aquellas doazóns que resultan reactivas no escrutinio de enfermedades infecciosas tramisibles por la sangre y asi decidir a súa situación e informar ao doador.
​​​

Comparte vida, únete a nós.