A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e Trevés Galicia promoven a doazón de sangue, hoxe mércores 17 de setembro, nas instalacións que a empresa posúe en Pontevedra.
Unha unidade móbil permanece estacionada no recinto da compañía de 9:30 a 14:15h e de 15:30 a 18:30h. para facilitar a asistencia de todos os traballadores e traballadoras que queiran participar no xeneroso e solidario xesto da doazón.
Trevés Galicia ven colaborando coas iniciativas promovidas por ADOS relacionadas coa doazón desde 2005, o que demostra o claro compromiso da empresa por contribuír co seu apoio, non só ao mantemento das reservas de sangue tan necesarias para o noso sistema sanitario, senón á creación dunha conciencia social favorable á doazón.
ADOS quere amosar o seu agradecemento á dirección de Tréves Galicia polo seu constante compromiso coas campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia, así como a todos os profesionais que participan neste acto solidario.