A
empresa OPmobility acolle hoxe mércores 25 de xuño unha nova
campaña para doar promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS).
Unha
unidade móbil da Axencia estará estacionada dentro do recinto da
empresa, en horario de 10:00 a 14:30h y de 16:00 a 21:00 h. para
atender a todos os profesionais que queiran participar no solidario
xesto da doazón.
A
empresa OPmobility foi visitada polas unidades móbiles de ADOS ata
en 7 ocasións, desde 2021, ano no a
compañía
pontevedresa iniciou a súa
colaboración co xeneroso xesto
de doar sangue. Desde entón conseguíronse excelentes
resultados con preto
de 400 doazóns procedentes da implicación e xenerosidade dos seus
traballadores.
ADOS
quere agradecer á dirección de OPmobility a súa especial
sensibilidade a prol do solidario xesto da doazón de sangue, así
como a súa colaboración e compromiso no desenvolvemento das
campañas de doazón en unidades móbiles que favorece ó acceso á
doazón dos traballadores e traballadoras nas propias instalacións
da empresa.
A
Axencia fai extensivo o seu recoñecemento a todos os profesionais de
OPmobility, xa que co seu xesto solidario contribúen ao mantemento
do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.