Acordos de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e as distintas áreas sanitarias de Galicia para a obtención de sangue de cordón umbilical.
O obxecto dos acordos é establecer a forma e condicións da cooperación entre as partes asinantes, para a obtención de sangue de cordón umbilical (SCU) doada de forma altruísta nas distintas áreas sanitarias.
A finalidade do acordo é regular a transferencia do SCU obtido polas áreas sanitarias para que a ADOS poda analizala e almacenala no banco de sangue de cordón umbilical para o seu posterior uso.