Os días 7 e 8 de maio do 2024 tiveron lugar en Barcelona as II Xornadas Nacionais sobre a Promoción da Doazón de Medula Ósea, organizadas pola ONT, a Fundación Josep Carreras e a Coordinación Catalana de Transplantes, na que participou ADOS como Centro de Referencia en Galicia.
Entre os conferenciantes, estivo Encarnación Bouzas, Coordinadora Autonómica de Transplantes de Galicia. Nas xornadas participaron, ademais, Lourdes López Lama e Rosa María Basalo, ambas Técnicos Superiores da ADOS e expertas nesta área.