A
iniciativa Salvavidas é un dos programas incluído no Plan Proxecta+
da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades dirixido a centros de ensino non universitarios de toda
Galicia sostidos con fondos públicos dependentes da propia
Consellería. E na que neste curso, 2023/24, participarán en dúas modalidades:
En fomento de actitudes favorables cara a doazón de sangue, os centros CEE de
Panxón (Nigrán), CEIP Pérez Viondi (A Estrada), CPR Cruz Roja
Española (A Coruña), CRP Plurilingüe Luis Vives (Ourense), IES de
Sar (Santiago de Compostela), e IES Vilar Ponte (Viveiro).
En fomento de actitudes favorables cara a doazón de organos e tecidos, os centros CPR Plurilingüe Montesol (Vigo), IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Gonzalo
Torrente Ballester (Pontevedra), CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense), EPAPU Sta.
María de Caranza (Ferrol), IES Xulián Magariños (Negreira), CPR Plurilingüe Ntra.
Señora de la Esperanza (Vigo), IES Agra de Raíces (Cee), IES Valle-Inclán (Pontevedra) e o IES Ribeira do
Louro (O Porriño).
Sendo
a finalidade deste programa desenvolver proxectos vinculados co
beneficio social que supón o solidario xesto da doazón de sangue,
tecidos e órganos, procurando que o alumnado se familiarice con todo
o relacionado coa doazón, para que o perciba como un claro exemplo
de altruísmo que beneficia a toda a sociedade. Para iso, estes
centros participantes promoverán a realización de traballos en
equipo no que quedarán visibles os beneficios da doazón como
contribución individual ao ben colectivo.
Selección
de boas prácticas:
CPR
Montesol de Vigo:
IES
Xelmirez I de Santiago de Compostela:
IES
Ribeira do Louro de Porriño: