ADOS E O IES ROSALIA DE CASTRO PROMOVEN A DOAZÓN DE SANGUE HOXE NA ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A comunidade educativa do IES Rosalía de Castro, grazas a unha iniciativa promovida por un dous seus alumnos do Bacherelato Internacional, será esta tarde a protagonista dunha campaña especial de doazón de sangue. Para facilitar o acceso á doazón, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará no paseo central da Alameda de Santiago de Compostela en horario das 16:00 ás 21:00 horas. Previa a esta visita, o alumno promotor da iniciativa elaborou materiais informativos para animar á doazón a toda a comunidade educativa do IES Rosalía de Castro e, esta mesma tarde, distribuirase información entre os viandantes para fomentar a participación.


Comparte vida, únete a nós.