ADOS PARTICIPA NAS XORNADAS DE BENVIDA DO CURSO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) participará esta tarde nas xornadas de benvida do curso 2023-2024 da Universidade de Santiago. Para iso, ADOS disporá unha mesa informativa no campus sur ao carón das residencias universitarias con motivo dos Torneos Deportivos. Todas as persoas que se acheguen entre as 17:30 e ás 21:30 ata a mesa poderán solventar dubidas e recoller información sobre os distintos tipos de doazón.

Comparte vida, únete a nós.