A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE "TI ES O PROTAGONISTA" DE ADOS ACHEGARASE A VINDEIRA SEMANA ATA OS CONCELLOS DE A LARACHA, RIBADAVIA E CARBALLO
A campaña especial de doazón de
sangue nos meses de verán "Ti es o protagonista", que promove a
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), achegarase aos concellos de A Laracha, Ribadavia e Carballo, os días martes 1, xoves 3 e venres 4 de agosto, respectivamente. Con esta
iniciativa ADOS quere por en valor o papel dos doantes de sangue e convidar á
cidadanía a participar activamente nas campañas de doazón de sangue. ADOS
lembra que todos os días do ano, mesmo nos meses de verán, resulta preciso
obter entre 400 e 500 doazóns de sangue para abastecer aos hospitais galegos.