O clube coruñés agasallou con 600 entradas, para asistir onte ao partido da LEB Oro que enfrontou a este equipo co Albacete Basket, as persoas que doaron sangue a pasada semana nas unidades móbiles ubicadas na área sanitaria de A Coruña e ata o local de doazón do CHUAC
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023.- A
Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere recoñecer, un ano
máis, o compromiso co solidario xesto da doazón de sangue ao Leyma Básquet
Coruña, unha entidade deportiva que xa é un referente no desenvolvemento de
iniciativas no eido da solidariedade. A
entidade deportiva, co obxectivo de promover a participación da cidadanía nas
campañas de doazón de sangue, ao longo da pasada agasallou aos doantes da área
sanitaria de A Coruña que acudiron a doar, tanto ás unidades móbiles como ao
local de doazón da Axencia nas instalacións do Complexo Hospitalario
Universitario de A Coruña (CHUAC), con dúas entradas para asistir ao encontro
de LEB Oro que disputou o equipo coruñés contra o Albacete Basket. O Leyma
Básquet Coruña distribuíu 600 entradas para as persoas doantes de sangue, que
puideron presencia onte este encontro que concluíu cun contundente resultado de
92 a 75, a favor do equipo coruñés que ratifica, unha vez máis, a excelente
campaña que está a realizar na tempada 2022-2023 na categoría de prata do
baloncesto nacional.
Agasallo
solidario
O Leyma
Básquet Coruña ten, desde sempre, amosado unha valiosa colaboración no
recoñecemento da solidaria contribución de moitos cidadáns que todos os días
acuden a doar sangue, para posibilitar a obtención das doazóns precisas para o
mantemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos.
ADOS quere salientar a importancia deste tipo de iniciativas, que aunan
valores solidarios co deporte e na que os equipos de diversas disciplinas e categorías
de Galicia xa desenvolven desde hai anos, sendo o Leyma Básquet Coruña un dos
clubes pioneiros no impulso de campañas de sensibilización a prol da doazón de
sangue.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
desexa amosar o seu agradecemento ao constante apoio do Leyma Básquet Coruña a
prol da creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue no seo
da sociedade galega.
Así mesmo, desde a Axencia desexarlle
ao clube coruñés a consecución dos mellores resultados deportivos na presente
tempada da LEB Oro e que xa os ten levado a ser un dos máis destacados equipos
da categoría, ostentando neste momento unha terceira posición na clasificación,
e a falta de tres partidos para a conclusión da fase regular, situandose en
postos de play off de ascenso á Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto
nacional.