OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA DEPUTACIÓN, CORREOS E PORTO DA CORUÑA PODERÁN PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

​Os traballadores e traballadoras da Deputación, Correos e Porto da Coruña poderán doar hoxe, xoves 26 de novembro, na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará, das 09:30 ás 14:30 horas, na explanada de Palexco.

A Axencia comezou a acudir a esta localización no ano 1994 e acumula un total de 344 doazóns.

Comparte vida, únete a nós.