Os estudantes da Universidade de Vigo poderán acudir hoxe e mañá a doar sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que estará estacionada na entrada principal do Edificio de Ciencias ao carón da rotonda, das 09:30 ás 14:30 horas. Esta visita forma parte da campaña "Un alento de vida" que tenta sensibilizar aos universitarios e universitarias da importancia de doar sangue, Ademáis, hoxe, mércores 18 de novembro, a Axencia instalará unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea na Facultade de Ciencias.