Alumnado e profesorado do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense visitaron o martes 3 de novembro as instalacións da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Os estudantes de segundo curso do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico coñeceron a actividade diaria que realiza a Axencia para a obtención dos distintos compoñentes sanguíneos, que ADOS subministra diariamente aos centros sanitarios galegos.