A ADOS CONVIDA AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO CONCELLO, SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A DOAR SANGUE

​Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacioonada hoxe, xoves 22 de outubro, na pontevedresa Praza de España para facilitar a doazón dos traballadores e traballadoras do Concello, Subdelegación do Goberno e Deputación de Pontevedra. O horario de atención aos doantes é de 09:30 ás 14:30 horas.

A Axencia comezou a visitar este punto no ano 1995 e acumula, desde entón, un total de 1.191 doazóns de sangue.

Comparte vida, únete a nós.