A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Fundación RC
Deportivo da Coruña están a impulsar unha iniciativa destinada a
promover a doazón de sangue entre os seus seareiros e seareiras e a
veciñanza da Coruña. Baixo o lema "Doa sangue e marca un
golazo", a Axencia e a Fundación convidan a todos os
veciños e veciñas da bisbarra coruñesa a doar sangue nos distintos
desprazamentos das unidades móbiles da ADOS. Ademais, para agasallar
a solidariedade dos doantes, a Fundación RC Deportivo facilitará
entradas dobres, a todas as persoas que participen na
campaña de doazón de sangue ao longo de esta semana na bisbarra da
Coruña, para asistir ao encontro que o equipo do Depor Abanca
da liga feminina desputará a vindeiro 25 de outubro.
A
ADOS quere agradecer a Fundación RC Deportivo o seu compromiso e
especial sensibilidade a prol do solidario xesto da doazón de sangue
e que ten permitido desenvolver iniciativas conxuntas ao longo dos
últimos anos. Así mesmo, a Axencia agradece a todos os membros da
familia deportivista a súa colaboración e convida a toda a
veciñanza coruñesa a participar activamente nesta nova iniciativa.