O CAMPUS VIGUÉS RECIBE A CAMPAÑA DE DOAZÓN "UN ALENTO DE VIDA"

A campaña de doazón de sangue "Un alento de vida" está a procurar hoxe, xoves 8 de outubro, a solidariedade dos membros da comunidade universitaria no campus vigués. A unidade móbil da Axencia de Doazón e Órganos e Sangue (ADOS) está estacionada diante da Escola de Telecomunicacións das 09:30 ás 14:30 horas para recoller as doazóns dos estudantes vigueses.

Comparte vida, únete a nós.