CARREFOUR LOS ROSALES RECIBE A VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

​Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este martes 29 de setembro, no Carrefour Los Rosales, na entrada do aparcadoiro das 09:30 ás 14:30 horas para atender a todas as persoas que desexen doar sangue. A ADOS comezou a visitar estas instalacións comerciais no ano 2002 e recolleu, ao longo destes anos, un total de 1.447 doazóns de sangue.

Comparte vida, únete a nós.