Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
achegará a campaña “Un alento de vida” ata o coruñés campus
de Oza ao longo da presente xornada. Unha unidade móbil da Axencia
estará diante da entrada principal da Facultade de Enfermaría das
15:30 ás 21:00 horas. Ao carón da unidade móbil disporase unha
instalacións na que os participantes poderán engadir un globo a
unha gota de sangue xigante, como modo de simbolizar como unha doazón
de sangue pode aportar ese aire vital para moitos enfermos,
proporcionándolle unha nova esperanza de vida.