Unha unidade móbil da Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada no Alcampo de
Coia da Avenida de Castelao, das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás
21:000 horas de hoxe, luns 3 de agosto.
As
instalacións de Alcampo Coia levan acollendo o desenvolvemento de
campañas de doazón de sangue desde o ano 1995 e acumulan unha cifra
de 2.797 doazóns de sangue. A Axencia agradece á dirección de
Alcampo Coia a súa colaboración durante máis de tres décadas na
organización das campañas de doazón de sangue, contribuíndo a
favorecer unha conciencia social favorable a este xesto solidario.