Os
traballadores e traballadoras do
Centro Comercial Área Central, así como os usuarios e usuarias e a
veciñanza do santiagués barrio das Fontiñas, poderán doar sangue
na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
que estará estacionada, o xoves 30 de xullo, fronte á cabina de
información na escaleira de acceso a Alcampo. As persoas que desexen
doar poderán facelo das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.
Esta visita forma parte da campaña de doazón estival da ADOS, “Un
alento de vida”.
A
ADOS quere agradecer á xerencia de Área Central a súa colaboración
no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que comezou a
acoller no ano 1993 e que, ata o momento, acumula un total de 15.812
doazóns de sangue.