FRINSA DEL NOROESTE S.A. ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

Os traballadores e traballadoras de Frinsa del Noroeste S.A. poderán doar este martes 21 de xullo na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará no aparcadoiro da empresa das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 18:00 horas.

A Axencia comezou no ano 1994 a visitar as instalacións da empresa coruñesa, acumulando 2.835 doazóns de sangue. ADOS quere agradecer á dirección de Frinsa del Noroeste S.A. as facilidades brindadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, agradecemento que fai extensivo aos traballadores e traballadoras que participan activamente nas mesmas.





Comparte vida, únete a nós.