A UNIDADE MÓBIL DA ADOS VISITA MARINEDA CITY O SÁBADO 27 DE XUÑO

O Centro Comercial Marineda City recibe o sábado 27 de xuño a visita da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que estará estacionada na Praza, ao carón da parada de taxis, das 10:00 ás 15:00 horas. A Axencia comezou a visitar esta superficie comercial no ano 2011 e acumula xa a cifra de 305 doazóns de sangue. A ADOS quere agradecer á xerencia de Marineda City a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón e convidar a todos os usuarios e usuarias a participar activamente nesta nova visita.





Comparte vida, únete a nós.