Alcampo
Ferrol é unha das empresas galegas que está a acoller a campaña de
doazón nos meses de verán “Un alento
de vida” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que
achegará a doazón ata máis de 170 concellos galegos. A unidade
móbil da Axencia, que comezou a visitar no ano 1994 a superficie
comercial e acumula un total de 3.006 doazóns de sangue, estará
estacionada no aparcadoiro da entrada principal das 09:30 ás 14:30 e
das 15:30 ás 21.00 horas.